Esvásticas e faixas de ¡'Arriba España!', a exposición nun colexio público de Madrid

A actividade está organizada polo Concello de Quijorna, gobernado polo PP. Din que é "unha exposición histórica" e que "non está montada para que a xente se fixe nas cruces gamadas, senón nos símbolos militares".

photo_camera [Imaxe da 'exposición': SG]


Esvásticas, bandeiras franquistas, bufandas co lema 'Todo por la Patria', retratos de Franco, faixas con lemas como '¡Saludo a Franco! ou ¡Arriba España!... todo este merchandising pro-fascista pode adquirirse no mercado que hai montado no colexio (público) Príncipes de Asturias, en Quijorna, unha localidade de Madrid que ten por volta de 3.000 habitantes e onde goberna o PP.

O concello informou de que o centro acollería "unha exposición de carácter militar". Na práctica, unha ducia de postos onde podía atoparse practicamente calquera símbolo de ensalzamento da ditadura franquista e do nazismo, até insignias nazis que na Alemaña están prohibidas.

Desde o Concello razoan que "a exposición non está para que a xente se fixe nas cruces gamadas, senón nos símbolos militares". O primeiro tenende de alcalde, José Luis Pérez Maroto, acrecentou: "é unha exposición histórica, ou imos renunciar á batalla de bailén?".

Comentarios