Esvásticas, bandeiras franquistas, bufandas co lema 'Todo por la Patria', retratos de Franco, faixas con lemas como '¡Saludo a Franco! ou ¡Arriba España!... todo este merchandising pro-fascista pode adquirirse no mercado que hai montado no colexio (público) Príncipes de Asturias, en Quijorna, unha localidade de Madrid que ten por volta de 3.000 habitantes e onde goberna o PP.
O concello informou de que o centro acollería "unha exposición de carácter militar". Na práctica, unha ducia de postos onde podía atoparse practicamente calquera símbolo de ensalzamento da ditadura franquista e do nazismo, até insignias nazis que na Alemaña están prohibidas.
Desde o Concello razoan que "a exposición non está para que a xente se fixe nas cruces gamadas, senón nos símbolos militares". O primeiro tenende de alcalde, José Luis Pérez Maroto, acrecentou: "é unha exposición histórica, ou imos renunciar á batalla de bailén?".