Estados Unidos ameaza con emprender accións militares contra Corea

Nikki Hayley, embaixadora de EUA nas Nacións Unidas, declarou tralo último ensaio militar norcoreano que Estados Unidos buscará maiores sancións para Pyongyang e que, no caso de que falle a diplomacia, Washington estará listo para atacar militarmente.

Donald Trump EUA

A embaixadora de EUA comunicou ao consello de seguridade que Estados Unidos transmitirá un borrador da resolución nos próximos días reclamando que aumente a resposta internacional tendo en conta os avances militares norcoreanos.

De non resolverse a situación, Hayley advertía que Estados Unidos está preparado para defenderse a si mesmo e aos seus aliados. A embaixadora declaraba que un dos seus puntos fortes son as súas forzas militares e que as usarán de ser preciso, aínda que prefiren non ter que chegar a esa situación.

Facendo referencia a un chío do presidente Donald Trump no que atacaba a China por manter acordos de comercio con Corea do Norte, Nikki Hayley afirmaba que Washington estaba a buscar posíbeis penalizacións para aqueles países que fixeran negocios con Pyongyang.

 

Trump ten previsto atoparse co presidente chinés, Xi Jinping, na cume do G20 que comeza esta quinta feira en Alemaña.

Comentarios