Os Estados Unidos lánzanse á reconquista do continente africano: 30 bases militares na rexión

Obxectivo: controlar os seus importantes recursos naturais e as súas reservas enerxéticas así como restar influencia na rexión a China.
Estados Unidos exército EUA afganistán

África ocupa un lugar esencial na axenda internacional estadounidense. Malia que a atención pública está posta noutros escenarios xeográficos, os Estados Unidos libra unha guerra silenciosa neste continente co obxectivo de controlar os seus importantes recursos naturais e as súas reservas enerxéticas así como restar influencia na rexión a China, actualmente o principal actor económico da área con importantes intereses en toda a zona, pero fundamentalmente na África austral.

Os últimos movementos dos Estados Unidos demostran que ten mudado a súa táctica tradicional de intervir na rexión a través das antigas potenciais coloniais, unha liña iniciada en 1961 co derrocamento e asasinato do dirixente independentista do Congo, Patrice Lubumba.

A posta en funcionamento en 2007 de Africom, o comando militar dos Estados Unidos para África que cobre todo o continente con excepción de Exipto, que depende directamente do Pentágono ten servido para definir unha nova liña de actuación no continente e organizar un amplo despregue de efectivos militares.

Segundo as fontes chinesas e rusas, os estadounidenses contan con arredor de 30 bases militares na rexión, destacando a de Camp Lemmonnier en Djibuti e a de Níxer. Ao tempo, diversas informacións xornalísticas d e s t a c a n i m p o r t a n t e s concentración de forzas na Libia, Somalia, Tunisia, Quenia, Uganda, Malí, Chad, Gabón, Gana, Senegal e Botswana.

Africom non se limita a coordinar operacións militares no terreo. Actualmente mantén relacións de asistencia e colaboración militar con 55 Estados, significando as manobras conxuntas e os programas de formación de oficiais superiores, onde algúns analistas ven unha repetición da estratexia empregada en América do Sur coa Escola das Américas.

Ao tempo, o operativo estadounidense partilla infraestruturas e medios materiais coas antigas potenciais coloniais, como acontece coa base aérea de Niamei, no Níxer.

Actualmente, as tropas estadounidenses participan nos conflitos bélicos abertos na Liba e na faixa do Saxel, na Nixeria e bacía do lado do Chad, na República Democrática do Congo, na Somalia ou na Quenia. Porén, como vén de denunciar a dirección do Congreso Nacional Africano, organización gobernante en África do Sur, o dispositivo militar non é mais que “unha pata dunha estratexia máis global de acompañamento das corporacións estadounidenses no mundo”.

Comentarios