Estados Unidos enfronta unha crise sen precedentes

Trump pretende suspender as eleccións de novembro para manterse no poder

April 6, 2020 - Washington, DC, United States: United States President Donald J. Trump, joined by members of the Coronavirus Task Force, delivers remarks on the COVID-19 pandemic in the James S. Brady Press Briefing Room of the White House. The United States has now reached 10,000 deaths caused by the novel Coronavirus, as officials debate the effectiveness of hydroxychloroquine, a drug used to treat malaria, to also treat the Coronavirus. (CNP / Contacto)
ONLY FOR USE IN SPAIN

April 6, 2020 - Washington, DC, United States: United States President Donald J. Trump, joined by members of the Coronavirus Task Force, delivers remarks on the COVID-19 pandemic in the James S. Brady Press Briefing Room of the White House. The United States has now reached 10,000 deaths caused by the novel Coronavirus, as officials debate the effectiveness of hydroxychloroquine, a drug used to treat malaria, to also treat the Coronavirus. (CNP / Contacto)

6/4/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Donald Trump (Foto: Europa Press)

As declaracións do presidente, Donald Trump de adiar as eleccións convocadas para tres de novembro non colle por sorpresa á sociedade estadounidense. O pasado mes de abril, o candidato demócrata, Jon Biden xa advertiu das intencións do actual inquilino da Casa Branca, sinalando “lembren o que lles digo, coido que tratará de pospoñer as eleccións dun xeito ou doutro”. Nun sentido semellante, intelectuais críticos  como James Petras ou Noam Chomsky alertaron da preparación dun “golpe de Estado brando”, impulsado pola fracción do capital que apoia a Trump e por unha parte do aparato estatal co obxectivo de garantir a continuidade deste no Goberno.

Os argumentos de Trump non convencen a unha boa parte da poboación. Así, o actual mandatario xustifica a suspensión electoral pola falla de garantías para desenvolver os comicios, unha vez que parte dos Gobernadores apostan por favorecer formas de votación non presencial para evitar a expansión da pandemia. “Coa votación universal por correo (non a votación en ausencia que é boa), 2020 será a elección máis imprecisa e fraudulenta da historia. Será un grande bochorno para Estados Unidos. Retrasar as eleccións até que a xente poida votar de forma correcta, axeitada e segura?”, sinalou Trump, decido en trasladar á sociedade cuns comicios nestas condicións carecen de garantías.

A proposta de Donald Trump de mudar o calendario electoral chega nun momento onde a totalidade das enquisas o presentan como claro perdedor fronte a Joe Biden. Se ben o candidato republicano nega a súa credibilidade afirmando que no anterior proceso daban como gañadora a Hillary Clinton, cualificados representantes do seu equipo de campaña recoñecen o seu desgaste é unha importante baixada na intención de voto nos diversos estudos de opinión. Segundo a tradicional media de sondaxes realizado pola Real Clear Politics, durante as últimas 10 semanas Biden mantivo unha vantaxe de entre 8 e 10 puntos sobre Trump, destacando que o actual presidente está moi por baixo do seu rival nunha serie de Estados chaves para conseguir a vitoria electoral.

A caída do PIB acada 32,9%

A situación non ten visos de mellorar para Trump. O actual inquilino da Casa Branca ten aínda pendente unha resposta a situación de emerxencia sanitaria que deixa máis de 154.00 mortes e continúa descontrolada en Estados tan importantes como Texas e Florida. Asemade o país enfronta unha crise económica sen precedentes, cunha baixa do Produto Interior Bruto(PIB) no segundo trimestre de ano de 32,9%, a segunda peor caída da produción de bens e servizos  de toda a serie histórica e cunha contracción da economía só superada en dúas ocasións nos últimos 100 anos. Ao tempo, a destrución de emprego sitúase nos niveis da Grande Depresión.

A protesta non dá tregua no conxunto do país desde o asasinato de George Floyd a mans da policía no mes maio. Se as mobilizacións nacen empuxadas pola comunidade afroamericana e en protesta contra un sistema racista exemplificado na actuación das forzas de seguridade no asasinato dun cidadán negro, a esta altura suma a diversos sectores sociais e as súas demandas son de carácter máis global, unidas no rexeitamento ás políticas da Casa Branca e na impugnación a aspectos basilares do modelo estadounidense

Un exemplo paradigmático disto atopámolo en Portland, unha cidade onde a comunidade afroamericana só representa 7% da poboación, convertida actualmente no foco máis importante das protestas. O alcance da mobilización levou a Trump a enviar á policía federal e aos mercenarios Blackwater a combater as mobilizacións, sendo obrigados pola poboación a abandonar a localidade.

Comentarios