Estado español segue sen perdoar a Kosovo que se independizase

O Parlamento europeo insta ao Estado español a que recoñeza a independencia kosovar, proclamada hai cinco anos, e que Madrid segue sen admitir por entender que podía ser un mal exemplo a imitar para vascos e cataláns

Pasaporte da República de Kosovo.

O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar declaraba de forma unilateral a independencia, dando así o paso para se separar de Serbia e constituír a República de Kosovo. Unha decisión aauspiciada pola UE e EUA, mais que contou co rexeitamento, entre outros, do Estado español.

Cinco anos despois,Madrid segue sen recoñecer a existencia dun estado en Europa que se chama Kosovo. Os motivos? Que era un precedente perigoso polo que supuña de abrir unha vía (proclamación unilateral de independencia por un parlamento soberano e democraticamente elixido) a imitar polas nacións que integraban o Estado, principalmente vasc@s e cataláns.

E catro máis

O Parlamento europeo aprobou nesta quinta feira por ampla maioría instar ao Estado español e a outros catro máis (Grecia, Chipre, Eslovaquia e Rumanía) arecoñecer Kosovo, que segue o seu camiño como Serbia e Montenegro cara unha eventual adhesión á Unión Europea.

O president Artur Mas xa lamentou que o Estado español non recoñeza Kosovo malia lle instar a iso o Parlamento europeo

Comentarios