Estado de emerxencia e toque de queda para deter os disturbios da comunidade afro-americana en Baltimore

A revolta estoupou após o enterro de máis un mozo negro morto baixo custodia policial. A Garda Nacional vai enviar 5.000 efectivos á cidade para sufocar os protestos, que deixan 27 persoas detidas e 15 policías feridos.

Baltimore
photo_camera Imaxe: RT

Carros policiais queimados, comercios saqueados, enfrontamentos con policías durante horas nunha guerra de guerrillas por barrios afro-americanos, 15 axentes feridos [dos civís non transcenderon dados] e 27 persoas detidas... Os disturbios estouparon en Baltimore após o enterro de Freddy Gray, mozo de 25 anos morto baixo custodia policial e estendéronse por diversos barrios, prolongándose durante horas.

O gobernador de Maryland, onde está Baltimore, decretou o estado de emerxencia e mobilizou a Garda Nacional. Larry Hogan afirmou que non vai permitir “a violencia e os saqueos”. A adxunta xeral da Garda Nacional de Maryland, Linda Singh, solicitou das autoridades dos estados veciños que envíen 5.000 soldados para axudar os axentes de Baltimore a sufocar as protestas. Ademais, a alcaldesa de Baltimore, Stephanie C. Rawlings-Blake, decretou o toque de queda, que estará en vigor durante toda a semana entre as dez da noite e as cinco da madrugada.

Tanquetas blindadas da policía e helicópteros patrullan as zonas máis conflitivas dunha zona con maioría afro-americana e que non é o primeiro episodio de violencia policial que vive. Uns feitos que nos últimos meses tamén decorreron noutras cidades e estados de EUA (Ferguson, LA,...) e que tamén derivaron en revoltas e disturbios.

“Espiña dorsal cercenada nun 80% no pescozo”

Freddy Gray morreu nun hospital de Baltimore o pasado 19 de abril. O foronse sinalou como causa do falecemento os danos na médula espinal. Gray fora detido días antes e levado a Comisaría por axentes de policía por, textualmente, “fuxir sen motivo ante a presenza policial”. Unha vez detido foi arrestado por tenza de armas, segundo a policía

Billy Murphy, o avogado da familia do mozo afro-americano, afirma que Freddy Gray tiña a espiña dorsal cercenada nun 80% no pescozo”.

Comentarios