O Estado destina 429.000 euros a mantemento dun campo de golf para militares

O Ministerio de Defensa procura un equipo de 11 'especialistas' (fontaneiros, enxeñeiro superior, director de mantemento...) para as tarefas de mantemento, regado e sega do campo do recinto da base militar de Cuatro Vientos, en Madrid. 

Golf

O Ministerio de Defensa anda á procura dun equipo de 11 persoas especialistas en coidar e manter un campo de golf. Iso é o que pide no anuncio de licitación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do servizo de mantemento integran do campo de golf e escola de golf do aeródromo militar de Cuatro Vientos, en Madrid; segundo informa El Confidencial.

Ese equipo estaría formado por un fontaneiro, un mecánico, un 'greenkeeper' (enxeñeiro superior ou técnico do sector agro-forestal), seis xardiñeiros 'expertos', un encargado e un director de mantemento que debe ter como mínimo 5 anos de experiencia nun posto desas características.

Uso restrinxido

O contrato é dun ano de duración e ascende a 429.000 euros. Este club depende da base militar aérea de Cuatro Vientos e ten restrinxido o seu uso a persoal militar, indican desde El Confidencial. O custo do seu uso para adultos é de 7 euros. DE se tratar dun convidado (non militar) ese prezo ascende a 30 euros (50 euros en día festivo)

Comentarios