A esquerda prokurda entra no Parlamento turco e deixa sen maioría a Erdogan

O Partido Democrático dos Pobos (HDP) superaría o 12% dos votos, un resultado histórico, co escrutinio das lexislativas case completo. O AKP obtén o seu peor resultado en anos e está obrigado a negociar coas forzas que atacou durante a campaña.


Sorpresa nas eleccións lexislativas turcas. O Partido Democrático dos Pobos (HDP), unha fronte de forzas de esquerdas e prokurdas, conseguiu entrar por primeira vez no Parlamento. Unha vitoria que significou o fin da maioría do presidente Recep Tayyip Erdogan, do AKP, que obtén o peor resultado en 12 anos.

O HDP, cualificado de “sedicioso” por Erdogan, conseguiu dar un xiro a situación política. Co escrutinio case completo, superaría superaría o 12% dos votos, pasando o corte do 10% imposto polos golpistas para deixar fóra da Gran Asemblea Nacional ás forzas kurdas.

O AKP perdeu máis de 65 deputados con respecto aos anteriores comicios. Erdogan terá que pactar para manter o poder coas forzas que atacou durante a campaña. Centenares de persoas celebran nas rúas uns resultados históricos en Turquía.
 

Comentarios