Esquerda disponibiliza un dossier sobre a espionaxe masiva da administración Obama

Baxo o título O planeta sob vigilância o portal dixital portugués publica un caderno monográfico arredor das revelacións deitadas polo ex-traballador da CIA Edward Snowden

 

A existencia de programas segredos que permiten ao goberno dos EUA desenvolver un sofisticado labor de espionaxe centra o último dossier publicado por Esquerda.net. Con artigos de análise asinados, entre outr@s, polo redondelán director de Le Monde Diplomatique Ignacio Ramonet ou o profesor Salim Lamrani -este último tamén reproducido no Sermos Galiza en papel; o diario dixital luso recolle algunhas das informacións publicadas após as revelacións de Snowden.

Aliás, Esquerda re-publica a entrevista concedida polo ex-traballador da CIA ao diario The Guardian onde o especialista en tecnoloxía e redes narra os programas informáticos que permiten aos servizos secretos estadounidenses vixiar as comunicacións de millóns de persoas en todo o mundo a través da súa entrada aos servidores das 9 grandes empresas da Internet: Microsoft, Yahoo, Gogle, Facebook, PalTalk, AOL, Skype, YouTube e Apple.

Eis a ligazón a este caderno de análise.

Comentarios