A esquerda anticapitalista gaña as municipais en Copenhague

Alianza Verde e Vermella foi a forza máis votada na capital dinamarquesa. Por primeira vez en 110 anos, a candidatura socialdemócrata foi derrotada nunhas municipais nesta cidade.

Enhedslisten
photo_camera Line Barfod, de Enhedslisten.

Nas eleccións municipais danesas, a Alianza Verde e Vermella (Enhedslisten) obtivo o mellor resultado de sempre a nivel nacional, con 7,3% dos votos e puxo fin a máis dun século de vitorias dos socialdemócratas na capital do país, segundo informa Esquerda.net.

Con 24.6% dos votos, a lista de esquerda anticapitalista foia máis votada nos comicios que esta terza feira decorreron en  Copenhage, subindo seis puntos porcentuais en relación ás eleccións de 2017.

En sentido contrario, os socialdemócratas caeron dez puntos porcentuais, ficando agora 17,3% dos votos. Tamén rexistrou un bo resultado o Partido Popular Socialista (SF), ecosocialistas, con por volta do 11% dos sufraxios.

Unha das bandeiras electorais da lista de esquerda foi o dereito a vivenda

A pesar de se ter tornado o primeiro partido en  Copenhaguen - e tamén na illa de  Bornholm -, as regras de formación dos Gobernos pasan pola formación dunha maioría entre os electos, polo que a Alianza Verde e Vermella non irá  mandar no goberno local, grazas a un acordo dos socialdemócratas cos liberais e os verdes.

A través das redes sociais, Line Barfod saudou o resultado que aumentou a representación do partido de 11 para 15 representantes no Consello municipal.

Unha das bandeiras electorais da lista de esquerda foi o dereito a vivenda, coa proposta de que 75% de todas as novas construcións en antigos terreos portuarios da cidade debían ser reservadas a vivenda accesíbel.

A redución do uso do automóbil e a aposta polos transportes públicos foron outras bandeiras desta candidatura.

Comentarios