EUSKAL HERRIA

A esquerda abertzale ponse a punto

Debullamos a folla de rota da esquerda abertzale para os próximos anos. Sortu vense de refundar no seu segundo congreso coa vista posta nunha República Confederal Vasca. Analizamos o futuro da organización no Sermos Galiza 233, á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto.

Sortu, a expresión política da esquerda abertzale, vén de se refundar. Fíxoo apenas catro anos despois da súa creación. No seu segundo congreso, que concluíu en Iruña o pasado 21 de xaneiro, Sortu apostou en se reinventar como partidomovemento, reorientando a súa proposta táctica para dar resposta á nova fase política aberta en Euskal Herria. A independencia configúrase como obxectivo a conquirir no horizonte do ano 2026 baixo a fórmula dunha República Confederal Vasca, nun proceso gradual que encetaría coa independencia dos territorios que arestora se inscriben na Comunidade Autónoma Vasca, e á que se adherirían posteriormente Nafarroa e o Iparralde. Cunha forte renovación da súa dirección nacional, confírmase o liderado de Arnaldo Otegi como secretario xeral. No ámbito electoral anovan a súa aposta “estratéxica” nas coligazóns EH Bildu e EH Bai.

6A esquerda abertzale ponse a punto para pasar á ofensiva como proxecto transformador enraizado na esquerda e netamente independentista. Esa é a principal conclusión do proceso de refundación que cristalizou no seu congreso do pasado 21 de xaneiro. O segundo conclave após o congreso fundacional de 2013 reafírmase na viraxe coa que a esquerda abertzale promoveu o cambio de etapa política en EH. Un novo ciclo marcado pola fin da violencia, após o cesar-ofogo definitivo da ETA, no que Sortu quer despregar unha nova folla de ruta cun obxectivo central: a independencia.

República Confederal Vasca

O percorrido até a República Confederal Vasca, que segundo Sortu sería unha realidade plausíbel na altura do ano 2026, fica trazado na resolución política aprobada no Congreso. Un documento no que a esquerda abertzale asume por vez primeira a gradualidade do proceso independentista, en troca de demandar unha Euskal Herria independente de sete territorios unificados ao tempo. Desta maneira, Sortu promoverá en primeiro termo a independencia dos territorios vascos que fan parte na actualidade da Comunidade Autónoma Vasca (Gipuzkoa, Bizkaia y Araba). A ese primeiro Estado Vasco, poderán adherirse en réxime de confederación o País Vasco francés (Iparralde) e máis Nafarroa, cando culminasen os seus respeitivos procesos.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 233, á venda nos quiosques e na loxa]

Comentarios