Esperanza Aguirre dase á fuga após atropelar un policía municipal

O axente solicitara á ex-presidenta da Comunidade de Madrid a documentación do vehículo. Aguirre, que non portaba os documentos requeridos, fuxiu do lugar levando por diante o policía que, aseguran, non ten lesións. 

Esperanza Aguirre é xa Trending Topic após darse a coñecer a súa fuga da policía municipal madriñela. A líder do PP de Madrid foi parada por axentes policiais que lle requeriron a documentación do seu vehículo que se atopaba mal aparcado no centro da cidade. A ex-presidenta da Comunidade, que non os portaba, fuxíu do lugar levando por diante un dos axentes. 

A fuxida de Aguirre produciuse mentres a policía municipal daba aviso á centraliña. Desde o concello de Madrid afirmaron que "tiveron coñecemento dun incidente destas características", embora non dar máis dados ao respeito. 

Desde a policía municipal aseguran que o axente non presenta lesións e arestora declara na comisaría. 

Comentarios