sábado 08/08/20
Autodeterminación

Á espera do 'non' de Londres ao 'indyref2'

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, contestará de forma oficial nos próximos días, cunha esperada negativa, á petición por parte do Goberno escocés da cesión da competencia para convocar referendos. A resposta chegará tras a multitudinaria marcha da pasada fin de semana e a dúas semanas de que o Brexit se faga efectivo.
Máis de 80.000 persoas marcharon polas rúas da cidade máis poboada do país para reclamar un segundo referendo de independencia (@auobalba)
Máis de 80.000 persoas marcharon polas rúas da cidade máis poboada do país para reclamar un segundo referendo de independencia (@auobalba)

O arredismo escocés comezou a semana con forza, materializada esta segunda feira nas redes sociais con numerosas fotos e chíos de apoio, tras a gran marcha do sábado. Tamén no Twitter se manifestaba o sábado a primeira ministra, Nicola Sturgeon: "Boa sorte a toda a xente que se manifesta pola independencia hoxe en Glasgow ─agardo que o tempo non sexa moi malo".

Abofé que o tempo non acompañou. Con todo, no medio dunha alerta por temporal, máis de 80.000 persoas marcharon polas rúas da cidade máis poboada do país para reclamar un segundo referendo de independencia.

Foi unha manifestación festiva, contestada por un grupo minoritario de unionistas, e pacífica en todo momento, onde a chuvia e o vento impediron, tal e como estaba previsto, que se fixeran discursos ao final da mesma.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios