España pide á ONU que inhabilite dous dos expertos que condenaron a prisión dos independentistas cataláns

Refírese a José Guevara e Seong-Phil Hong, membros do Grupo de Traballo sobre detencións arbitrarias, que condenou que Junqueras, Sànchez e Cuixart estean no cárcere. O goberno español considera que estas dúas persoas incorren en "incompatibilidade" pois traballaron co avogado que representa Junqueras, Cruixart e Sànchez. 

presos políticos cataláns

O Estado español non soporta ben os reveses á súa estratexia e discurso a respecto do proceso soberanista en Catalunya. Que un órgano da ONU, o Grupo de Traballo sobre detencións arbitrarias, pedise a liberdade do líder de ERC, Oriol Junqueras; o presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart; e o ex presidente da ANC, Jordi Sànchez; en Madrid caeu como una xerra de auga fría.

A resposta non se fixo esperar e esta seta feira España pedirá formalmente á ONU que inhabilite dous dos cinco membros dese Grupo de Traballo que considera arbitraria a prisión dos líderes independentistas. O embaixador do estado español perante as Nacións Unidas en Xenebra, González-Aller, anunciou esta petición do goberno de Pedro Sánchez e que afecta o mexicano José Guevara e o surcoreano Seong-Phil Hong.

O embaixador di que “hai un conflito de intereses” deses dous expertos e o avogado defensor dos tres independentistas cataláns, quen formou parte doutros órganos similares de Dereitos Humanos da ONU, polo que estas trs persoas traballaran xuntas no pasado.. Ademais, fontes do Ministerio de Exteriores informaron a La Vanguardia que non se respectaron obrigas como entregar o informe ao Estado antes que ao resto das partes.

O estado español tamén vai pedir a revisión do informe.

Comentarios