España fará novos recortes en troca da compra de débeda polo BCE

O ministro de Economía apunta que só esperan empregar 60.000 dos 100.000 millóns de euros da axuda prevista polo fondo de rescate europeo para a banca española
Luis de Guindos, ministro español de Economía
photo_camera Luis de Guindos, ministro español de Economía

Nunha entrevista no International Herald Tribune, o ministro de Economía, Luis de Guindos, recoñeceu que España podería facer novos "esforzos de axuste" a cambio da compra de bonos soberanos polo Banco Central Europeo (BCE) dirixida a aliviar a presión sobre os custos de financiación da débeda española. "O goberno español acepta que a intervención do BCE no mercado secundario non relaxe o esforzo de consolidación fiscal e deberiamos reasegurar ao BCE que imos cumprir os nosos compromisos", afirmou o ministro.

De Guindos tamén apuntou na entrevista que España espera usar só 60.000 dos 100.000 millóns de euros de axuda prevista polo fondod e rescate europeo para a banca española.

Comentarios