sábado 25.01.2020
MAIORíA ABSOLUTA TORY E DEMISIóN DE MILIBAND

Escocia é nacionalista

[ACTUALIZADA ÁS 18.55] O Scottish National Party fixo historia o 7 de Maio ao arrasar en Escocia, unha nación que consolida un mapa político virtualmente unipartidista. No resto do Reino Unido, os conservadores gañan grazas a baleirar a base eleitoral dos Lib Dem.

Candidat@s e líder do SNP
[email protected] e líder do SNP

O Conservative Party liquidou politicamente os Lib Dem -o seu socio de goberno- nunha noite aciaga para o partido centrista de Nick Clegg.

Concluído o escrutinio, os tories obteñen a maioría absoluta ao sumar 331 escanos, 28 máis que en 2010. Un resultado que vitimiza non só o Labour, senón tamén a demoscopia: ningunha empresa de inquéritos prognosticou a maioría absoluta dos conservadores.

O Labour fica finalmente con 232 asentos en Westminster, 25 menos que hai 5 anos.

Hai que ter en conta as particularidades do sistema eleitoral británico, rexido pola norma de que o gañador o leva todo (the winner takes it all). Son 650 distritos nos que a forza máis votada leva o escano. Iso permite que un partid político con apenas o 36.9% do voto válido emitido poda ter a maioría absoluta no Parlamento. É máis: a formación de Cameron suma 28 escanos máis que en 2010 cando en percentaxe de voto popular apenas incrementa o 0,5%. Mentres, os laboristas ceden 25 actas, cando en realidade aumentan a súa percentaxe no 1.5%.

A chave está no baleiramento da base eleitoral dos Lib Dem, o partido centrista que na práctica desaparece nestas eleccións, ao ceder 49 escanos e baixar 15,2% en percentaxe de sufraxios.

O voto útil centro-direitista moveuse cara o Conservative Party para impedir que Ed Miliband franquease a porta de Downing Street da man do SNP. 

Clegg e Miliband asumiron o peso da derrota e apresentaron esta sexta feira a súa demisión.

A formación liderada por Nicola Sturgeon supera todas as expectativas e faise con 56 das 59 actas en xogo en Escocia

Gaña Cameron e máis que gaña, arrasa, o Scottish National Party. A formación liderada por Nicola Sturgeon supera todas as expectativas e faise con 56 das 59 actas en xogo en Escocia, cun gaño do 3,1% en percentaxe de voto. O grupo parlamentar escocés será o terceiro na cámara.

Como the winner takes it all, unha formación política pode ter un grande resultado no cómputo nacional mais ao tempo ficar practicamente fóra do Parlamento. Isto é o que lle aconteceu ao UK Independence Party, o partido que quer o Reino Unido fóra da Unión. Totalizou 3,8 millóns de votos, o 12,6% das papeletas, o que só se traduciu nun escano en Westminster.

Por súa parte, o Sinn Fein tería conquistado 4 asentos en Westminster (1 menos do que en 2010, embora superase lixeiramente o número de sufraxios das eleccións anteriores) e o Playd Cimru 3, os mesmos que hai 5 anos.

comentarios