Escocia mantén a folla de ruta para 2020

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, e a súa homóloga en Escocia, Nicola Sturgeon, mantiveron un intercambio de chíos no Twitter este últimos días co gallo da organización dun segundo referendo de independencia.
29 July 2019, Scotland, Edinburgh: Scotland's First Minister Nicola Sturgeon (R) speaks with UK Prime Minister Boris Johnson at Bute House during their meeting. Photo: Duncan Mcglynn/PA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

29 July 2019, Scotland, Edinburgh: Scotland's First Minister Nicola Sturgeon (R) speaks with UK Prime Minister Boris Johnson at Bute House during their meeting. Photo: Duncan Mcglynn/PA Wire/dpa
  (Foto de ARCHIVO)

7/29/2019 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Boris Johnson e Nicola Sturgeon, nunha foto de arquivo (Europa Press)

"Unha posición insostíbel e contraproducente". Así cualificou na súa conta do Twitter  a primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon, a actitude negativa do Goberno do Reino Unido ao respecto da convocatoria dun segundo referendo de independencia, o coñecido como indyref2.

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, desbotou formalmente esta semana a petición realizada por Sturgeon o pasado 19 de decembro na que solicitaba a transferencia de competencias ao Parlamento escocés para realizar convocatorias de referendos.

"Non podo aceptar ningunha petición de transferencia de competencias que leve a novos referendos de independencia", escribiu na súa carta de resposta Johnson, publicada no Twitter

"Os Tories están aterrados con que Escocia teña dereito a elixir o seu futuro. Saben que, dado o caso, hai unha enorme posibilidade de que a xente opte pola opción afirmativa para a independencia", lese na misiva de resposta ─publicada tamén no Twitter─ de Nicola Sturgeon.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios