Escocia inicia o proceso para un novo referendo de autodeterminación en 2023

O Goberno británico oponse a unha nova votación sobre a independencia

A primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, anunciou que o próximo ano iniciará "o proceso necesario para facer posíbel un referendo" sobre a independencia antes de finais de 2023, segundo informa Nationalia.

Así o dixo a primeira ministro escocesa na Conferencia Anual do seu partido, o SNP, formación que goberna en Escocia grazas a un acordo cos Verdes, pacto no que se marcaba como unha meta convocar o segundo referendo en 2023

O referendo é unha promesa electoral do SNP e tamén dos Verdes. Mais o primeiro ministro británico, Boris Johnson, non quere conceder permiso para que sexa realidade: cre que hai que facer agora esforzos para se recuperar da crise da Covid e entende que non se debe dar ningún segundo paso cara a un referendo de independencia até a década de 2040.

O referendo é unha promesa electoral do SNP e tamén dos Verdes, que en agosto pasado acadaron un acordo de Goberno para Escocia

Ante a negativa, Sturgeon aproveitou a Conferencia para dirixirse a Johnson: "Se tes algún respecto pola democracia, e non tes confianza nos teus argumentos contra a independencia, debes deixar que o pobo decida".

O desacordo entre gobernos pode levar o asunto aos tribunais, alongar os prazos ou simplemente impedir que a votación se faga a curto prazo.

Con todo, este agosto o secretario de Estado para Escocia, Alister Jack, recoñeceu que o referendo remataría facéndose se unha serie continua de enquisas demostra que o 60% da poboación escocesa tiña polo menos un voo.

O SNP conseguiu nas eleccións do pasado maio 64 escanos en Holyrood (o Parlamento escocés de 129), ficando a só un da maioría absoluta, mentres que os Verdes obtiveron 8 asentos nunha cámara con 31 deputados conservadores e 22 laboristas.

Comentarios