Escocia inicia o camiño para un segundo referendo independentista

Convocaríase entre outono de 2018 e primavera de 2019. Nicola Sturgeon anunciou que vai solicitar autorización legal ao Parlamento escocés para realizar a consulta.

escocia
photo_camera escocia

A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon , anunciou esta segunda feira que vai solicitar autorización legal do parlamento de Edimburgo para poder realizar un segundo refrendo de independencia, que decorrería entre outono de 2018 e a primavera de 2019.

Após reiterar a importancia de que o pobo escocés poida exercer o seu dereito a elexir o seu futuro, Sturgen lembrou que na consulta independentista de 2014 os escoceses votaron pensando que continuar no Reino Unido implicaba seguir na Unión Europea. Algo que co ‘Brexit’ xa non é así.

O independentismo ten maioría no Parlamento escocés. Nas eleccións de maio de 2016 o SNP logrou 63 escanos, revalidando a súa maioría mais ficando a 2 da absoluta, que está en 65. Porén, o SNP contará co apoio no proceso para exixir a Westminster os poderes precisos para convocar un segundo referendo de Os Verdes, que acadaron nos comicios do ano pasado 6 parlamentares, 4 máis que en 2011. Este partido apoiou o Si no referendo de 2014 pola independencia de Escocia. 

Comentarios