venres 24.01.2020

Erdogan reeleito presidente e a esquerda pro-curda volta a entrar no Parlamento

A participación foi de 85%. O HDP pro-curdo voltou a superar o limiar de 10 por cento -mínimo para entrar no Parlamento-, embora caeu lixeiramente a respecto das eleccións de 2016 (11,6 por cento face o 13,1%).

Tayyip Erdogan
Tayyip Erdogan

“A nación deume o mandato de presidente”. Con esta frase anunciaba Recep Tayyip Erdogan a súa vitoria nas eleccións presidencias de Turquía. Continuará á fronte da xefatura de Estado cinco anos máis, agora –e grazas ao sistema presidencial aprobado pola mínima o ano pasado con poderes case absolutos. Erdogan logrou 52,5% dos votos, un resultado que sorprendeu (as enquisas non lle daban máis de 48%) e que nun primeiro momento foi posto en dúbida pola oposición.

O socialdemócrata Muharren Ince obtivo case 31% dos apoios mentres que Meral Aksener, do IYI (centro-dereita) logrou 8% dos votos para ser presidenta. Demirtas, candidato da esquerda pro-curda (HDP) e que leva máis de ano e medio en prisión obtivo un 7,4% dos votos.

Parlamento

Nas eleccións parlamentares, que se realizaron este domingo canda as presidenciais, o AKP de Erdogan foi o máis votado, con 42,5%. Ten 293 escanos, ficando a 8 dos 301 necesarios para ter a maioría absoluta na Cámara. Mais completará esa maioría co apoio do seu ‘socio’ electoral nas presidenciais, o Movemento de Acción Nacionalista, de extrema-dereita, e que atinxiu 49 deputados. Entre ambos os dous, logo, suman 342 escanos.

O HDP, a coligazón da esquerda procurda, logrou superar a barreira de 10% para ter representación (obtivo 11.6%) e vai ter 67 deputados na Cámara curda. Unha labazada no orgullo de Erdogan, que ten nesa organización a súa particular ‘besta negra’. De Feito, e na propia noite electoral, houbo noticias de ataques a sedes do HDP, incluindo en Istambul.

comentarios