ERC sería a primeira forza e aumenta o apoio ao independentismo segundo unha enquisa de La Vanguardia

A sondaxe realizouse os días 3 e 6 de febreiro e apuntan a un aumento de catro escanos en total da suma de ERC, JxCat e a CUP. Ciudadanos afúndese e Vox entraría no Parlament

Unha sesión do Parlament de Catalunya (Parlament de Catalunya)
photo_camera Unha sesión do Parlament de Catalunya (Parlament de Catalunya)

Unha nova enquisa, esta vez publicada este domingo polo xornal La Vanguardia, confirma o aumento do apoio social ao independentismo en Catalunya (a suma total pasaría de 70 a 74 escanos) cando a maioría absoluta do Parlament está en 68 escanos. As formacións contrarias á independencia sumarían, segundo esta sondaxe, menos votos que a partidaria dunha Catalunya independente. Da mesma maneira trasladan o fracaso no Estado de Cs (de 36 pasaría a 12) e o avance do PSC (de 17 a 27).

A sondaxe dá como forza máis votada a ERC 37 (+5), seguida de JxCat 31 (-3) e PSC 27 (+10). A cuarta forza no Parlament sería Cs 12 (-24), seguida de CeC-P 10 (+2), PP 8 (+4) e a CUP 6 (+2). A enquisa apunta un aumento de apoio á CUP e a entrada por primeira vez e Vox 0 (+4).

Por primeira vez nos últimos anos a forza máis votada, neste caso ERC, tería dúas posibilidades de decidir unha maioría: con JxCat ou coa esquerda, esta última posibilidade moi pouco valorada na sondaxe polas persoas votantes de ERC.

Na mesma enquisa afirma que Oriol Junqueras (5,3) é o único lider que aproba seguido de Carles Puigdemont (4,1). Polo lado contrario a peor valorada é a líder de Ciudadanos Lorana Roldan (2,2).

Comentarios