ERC e Junts pechan un acordo para formar un Goberno conxunto

Pere Aragonés e Jordi Sànchez desbloquearon a investidura en negociacións esta fin de semana.

Aragonés e jordi sánchez
photo_camera Aragonés e Sânchez (Foto: Vilaweb)

ERC e JxCat anunciaron n mañá desta segunda feira que alcanzaran un principio de acordo para desbloquear a investidura de Pere Aragonès e formar un Goberno de coalición en Catalunya. Deste modo, despois de meses de negociacións, os principais partidos independentistas evitan novas eleccións.

"Os dous partidos atinxiron este fin de semana un pre acordo despois de dous días de traballo entre o secretario xeral de Junts, Jordi Sànchez, e o coordinador nacional de Esquerra Republicana e candidato á investidura, Pere Aragonès", explican ambas as dúas formacións.

Esta mañá, os equipos negociadores de ERC e JxCat rematarán de pechar os flocos do acordo, que logo se presentará ás executivas das formacións. Jordi Sànchez e Pere Aragonès ofrexeron a media mañá unha rolda de prensa nma que debullaron o acordo. "Ambos os partidos culminan así o traballo iniciado por Esquerra co anterior pacto de investidura coa CUP", engadiron.

Juns asumirá as rendas de Sanidade e ERC manterá a educación no novo goberno Os republicanos liderarán Presidencia, Interior, Negocios, Cultura e Agricultura, ademais de Acción Climática; os de Puigdemont xestionarán as consellarías de Economía, Acción Exterior, Xustiza e Universidades

Nas próximas horas ou días, a presidenta do Parlament, Laura Borràs, terá que manter unha rolda de consultas cos grupos parlamentarios

Así mesmo, ERC e JxCat piden desculpas aos cidadáns por ter prolongado tanto tempo o peche do acordo e comprométense a "construír un goberno que pretenda reconstruír a confianza cos cidadáns de Cataluña", mentres colaboran e traballan coa CUP.

"O obxectivo non é outro que servir ao país e á súa xente do mellor xeito posible, gobernar para todos e ao mesmo tempo poder avanzar cara ao obxectivo común da independencia na forma da República Catalá", afirman.

Nas próximas horas ou días, a presidenta do Parlament, Laura Borràs, terá que manter unha rolda de consultas cos grupos parlamentarios, que xa dixo que sería en formato telefónico e convocar o pleno de investidura se comproba que Aragonés ten posibilidades de ser investido

Comentarios