ERC apoia finalmente Jordi Sànchez como president

Esquerra Republicana de Catalunya apoia finalmente a candidatura á Presidencia da Generalitat de Jordi Sànchez. Líder da Assemblea Nacional Catalana, Sànchez atópase en prisión preventiva desde o pasado 16 de outubro.
 

Jordi Sánchez, presidente da ANC
photo_camera Jordi Sànchez, presidente da ANC.

A decisión dos republicanos, que se coñeceu esta mañá nunha entrevista en RAC1 co seu portavoz Sergi Sabrià, supón un paso adiante na conformación do Goberno catalán. “Avanzamos moito nas conversas nas últimas horas”, declarou Sabrià, “os nomes non serán ningún problema”.

En canto o Parlament oficialice a candidatura, Sànchez solicitará á Audiencia Nacional a súa posta en liberdade para poder asistir á investidura. “Esquerra non será nunca un freo para ter axiña un goberno”, afirmou o portavoz republicano.

Comentarios