REFERENDO EN GRECIA

Primeiros resultados oficiais apuntan á vitoria abrumadora do "Non"

Ás 18h (hora galega) fecharon as portas os colexios electorais en Grecia e comezou o reconto das papeletas do referendo. Enquisas telefónicas -non se permitían as enquisas a pé de urna- déronlle unha lixeira vantaxe ao OXI/Non, fronte ao si. Hora e media despois comezaron a coñecerse os primeiros resultados oficiais. Os primeiros datos apuntan a unha vitoria abrumadora do "Non", que ronda o 60% das papeletas.

Grecia UE
photo_camera Grecia UE

Após pecharen as súas portas ás 18h (hora galega) deu comezo o reconto nos colexios electorais gregos para coñecer o resultado do referendo convocado polo Goberno de Alexis Tsipras sobre as condicións da troika -Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional- para estender os créditos ao país heleno, un proxecto que implicaría aínda máis recortes dos que sofre o pobo grego.

Segundo diversas enquisas telefónicas -as enquisas a pé de urna non están permitadas- existiría un lixeiro triunfo do "OXI/Non" diante do "Nai/Si". No día de onte, fontes do Goberno grego aseguraban que había entre un 6 e un 7% de persoas que aínda non decidiran o sentido do seu voto. Porén, hora e media despois de comezaren o reconto de papeletas e segundo os primeiros datos oficiais, o "non" vence por unha maioría abrumadora ao sumar ao redor do 60% dos votos e logra a vitoria en todas as zonas do país.

Comentarios