As enquisas dan vantaxe ao Movemento ao Socialismo (MAS) nas eleccións de Bolivia

Algunha sondaxes apuntan a que abeira a porcentaxe necesaria para se impoñer en primeira volta sen cenesidade de ir a segunda. 
Luis Arce, Evo Morales MAS Bolivia
photo_camera Luis Arce e Evo Morales. (Foto: MAS)

O candidato á presidencia de Bolivia polo Movemento ao Socialismo (MAS), Luís Arce, atópase a menos dun punto porcentual para gañar en primeira volta nas eleccións xerais do vindeiro 18 de outubro, de acordo coa máis recente sondaxe divulgada o domingo.

A última enquisa de preferencia electoral elaborada por  Ciesmori, para a rede  Unitel, indica que Arce quedaría no primeiro lugar, co 42,2%dos votos válidos; é dicir, sen votos nulos, brancos e indecisos.

Neste escenario, o aspirante presidencial pola partido Comunidade Cidadá (CC), Carlos Mesa, colocaríase no segundo sitio, con 33%. Fernado Camacho, postulado pola alianza Cremos, estaría na terceira posición co 16,7 por cento dos votos válidos.

A constitución e a lei electoral bolivianas establecen que para gañar en primeira volta débese obter o 50% máis un dos votos, ou polo menos o 40% cunha vantaxe de dez puntos porcentuais por encima do segundo máis votado.

Uns 7.332.925 bolivianos están habilitados para votar o 18 de outubro nas eleccións xerais nas que se elixirá o presidente, vicepresidente e o novo Parlamento para o próximo quinquenio.

Aínda que a súa agrupación, Xuntos, retirouse hai varias semanas da contenda electoral para que, segundo declarou, o voto non se fragmente e impedir a vitoria nas urnas do MAS, a presidenta de facto Jeanine Áñez continúa aproveitando actos públicos para fustigar publicamente o partido do ex presidente Evo Morales.

Comentarios