As enquisas achegan Lula da Silva á maioría absoluta

O actual presidente do Brasil, Jair Bolsonaro do Partido Liberal (PL) recibiría 31% dos sufraxios
O presidente de Brasil e líder do Partido dos Traballadores, Lula da Silva. (Foto: Europa Press)
photo_camera O ex presidente de Brasil e líder do Partido dos Traballadores, Lula da Silva. (Foto: Europa Press)

O ex presidente do Brasil é candidato ás eleccións xerais que terán lugar este domingo, Luiz Inácio Lula da Silva, amplía a súa considerábel vantaxe e achégase a unha posíbel maioría absoluta.

Así o indica a última enquisa do Instituto de Inteligência em Pesquisa e Consultoria Estratégica (IPEC) que lle outorga ao candidato do Partido dos Trabalhadores (PT) 48% dos apoios, dato que, de se confirmar, suporía unha vitoria do líder do PT xa en primeira volta.

Este supón máis un aumento do apoio a Lula nas enquisas do IPEC que veñen mostrando desde hai varios meses un incremento na intención de voto ao que fora presidente do país suramericano de 2003 a 2010. 

Pola súa parte, o actual presidente do Brasil, Jair Bolsonaro do Partido Liberal (PL) recibiría 31% dos sufraxios segundo a sondaxe. O apoio a Bolsonaro vénse mantendo estábel nos últimos meses de acordo coas enquisas do IPEC, mais sempre a unha considerábel distancia de Lula da Silva.

Para un hipotético terceiro lugar mais sen opcións reais de chegar ao poder, batallan o candidato do Partido Democrático Trabalhista (PDT), Ciro Gomes, que obtería 6% dos votos e a candidata Simone Tebet do Movimento Democrático Brasileiro (MDB) con 5% dos sufraxios.

O propio IPEC indicou, a través dun comunicado, que a marxe de erro dos seus inquéritos é de dous puntos porcentuais e que, nas últimas enquisas, acertan en 95% dos prognósticos.

"Acabaremos coa fame a violencia no Brasil"

Durante un acto de campaña na cidade de São Paulo, Lula da Silva asegurou que após gañar as eleccións erradicará "a fame e a violencia no Brasil". Ademais, indicou que "traballaremos con moita seriedade para o que o Brasil sexa respectado como xa o foi durante o meu Goberno".

Comentarios