A participación sería 82%

Unha enquisa sitúa o “si” á independencia en 53%

O recoñecido politólogo Juan José Domínguez deu a coñecer este domingo un inquérito realizado en base a 3 mil entrevistas que dá como resultado unha vitoria da independencia de Catalunya. 53% das persoas enquistadas apoiarían o “si”.

diada
photo_camera Imaxe da Diada 2017

O analista político Juan José Domínguez –coñecido por atinar cos resultados nas súas sondaxes– vén de publicar unha enquisa que lle daría a vitoria ao “si” á independencia no referendo catalán por 53% dos votos fronte 47%. Aliás, segundo a sondaxe do politólogo, a participación sería de 82%.

A enquisa realizouse sobre 3 mil entrevistas, das que 1.500 se realizaron en municipios seleccionados de forma aleatoria e outras 1.500 nos catro municipios máis representativos e significativos desde 1996 en relación dos resultados en eleccións xerais das catro circunscricións catalás, segundo explica o experto no seu blog.

Comentarios