Crise no Perú

Unha enquisa revela que 85% da cidadanía do Perú pide eleccións anticipadas

A enquisa da da empresa Ipsos, que foi aplicada a 1 216 persoas, presentou unha marxe de erro de 2,8% e 95% de confianza.
Policía disparando unha bomba lacrimóxena en Arequipa (Perú) na madrugada do 13 de decembro. (Foto: Denis Mayhua / DPA)
photo_camera Policía disparando unha bomba lacrimóxena en Arequipa (Perú) na madrugada do 13 de decembro. (Foto: Denis Mayhua / DPA)

85% da cidadanía peruana aproba o adianto dos comicios presidenciais, segundo unha enquisa da firma Ipsos, cuxos resultados foron revelados no medio da crise política e social que estourou no país suramericano a partir do 7 de decembro tras a destitución aprobada desde o Congreso do mandatario Pedro Castillo.

De acordo co estudo, 62% do Perú estima que antes das eleccións deben levarse a cabo determinadas reformas políticas e electorais mentres que o 23% é partidario de celebralas nas actuais condicións.

No medio das actuais protestas contra o Goberno de Dina Boluarte, que cobraron a vida de 26 persoas, a enquisa aplicada entre o 15 e 16 de decembro revelou que só 9% non está de acordo cos comicios anticipados.

Segundo o máis recente estudo da multinacional francesa de consultoría, 53% dos entrevistados considerou que as protestas son levadas a cabo por grupos radicais.

En cambio, 37% estimou que as manifestacións son espontáneas e violentamente reprimidas polas forzas policiais, mentres que 10% non adoptou un postura determinada.

A enquisa

A enquisa, que foi aplicada a 1 216 persoas, presentou unha marxe de erro de 2,8% e 95% de confianza.

Así mesmo, a mostra foi representativa de 24 departamentos máis a provincia constitucional do Callao, 53 provincias, 63 localidades e 104 distritos.

Comentarios