Unha enquisa dá ao Sinn Féin máis apoio que aos dous partidos do Goberno irlandés xuntos

Obtería 36% dos votos nas eleccións na República de Irlanda por 20% de Fine Gael e 15% de Fianna Fail, que gobernan xuntos por un acordo en 2020 para evitar que o SF chegase ao Goberno.

Mary Lou McDonald presidenta do Sinn Féin (Niall_Carson)
photo_camera Mary Lou McDonald presidenta do Sinn Féin (Foto: @Niall_Carson)

A última sondaxe de opinión de Business Post Red C recolle como o apoio ao Sinn Féin atinxe un novo máximo por segundo mes consecutivo nesta serie de enquisas de intención de voto. É o mellor resultado para o SF nestas sondaxes que se fan desde 2003. O partido republicano ten un maior apoio, 36%, que a suma de apoios dos dous partidos que forman o Goberno da República e que levan dominando a escea política irlandesa desde o nacemento deste estado, hai cen anos.

Co aumento do custo da vida como tema dominante na política nestes momentos, esta sondaxe indica que o maior partido da oposición segue gañando apoio.

Os dous grandes partidos do Goberno baixan un punto cada un, deixando Fine  Gael  en 20% e Fianna  Fáil en 15%. Entre ambos os dous, 35%

O Sinn  Féin sobe dous puntos, até 36%, respecto a a última enquisa de abril. Un aumento, pouco a pouco, que se mantén ao longo de todos estes meses e que pon o Sinn Féin outra vez como a formación que pode gañar as eleccións.

Os dous grandes partidos do Goberno baixan un punto cada un, deixando Fine Gael en 20% e Fianna Fáil en 15%. Entre ambos os dous, 35%

O Partido Verde gaña un punto e sitúase en 5% dos apoios.  Os socialdemócratas, cun 4%, e os laboristas, cun 3%, perden un punto cada un.

Nas eleccións de 2020 o Sinn Féin  foi a primeira opción para a maioría de votantes e tivo 25% dos apoios. Esta vitoria levou aos dous principais partidos irlandeses até entón, Fine Gael e Fianna Fail, a facer un pacto de Goberno.

Comentarios