Empresa de EUA compra 2 compañías suízas fabricantes de respiradores e suspende vendas a Cuba en plena pandemia

Os respiradores xa estaban contratados.

Cuba sanidade (5 de septiembre)
photo_camera Instalacións hospitalarias en Cuba (5 de septiembre)

Medicuba (entidade adscrita ao Ministerio de Saúde Pública cubano e dedicada a garantir as provisións externas demandas pola sanidade de Cuba) non poderá adquirir os respiradores artificiais contratados aos fabricantes suízos IMT Medical AG e Acutronic debido ao bloqueo porque foron comprados por unha empresa estadounidense. Así o recollen varios medios latinoamericanos, que citan fontes oficiais do Goberno da illa.

Así, o director xeral de América Latina e o Caribe do Ministerio de Asuntos Exteriores cubano, Eugenio Martínez, informou en Twitter que varios provedores informaron a Medicuba da imposibilidade de entregar os ventiladores contratados para combater a panmedia do coronavirus.

O impedimento deriva do bloqueo imposto polos Estados Unidos xa que os fabricantes IMT Medical AG e Acutronic foron comprados por Vyaire Medical Inc, unha compañía con sede en Illinois, Estados Unidos, engadiu o diplomático.

Martínez tamén citou o vicepresidente de Medicuba, Luis Silva, quen subliñou que Cuba non pode mercar medicamentos a compañías estadounidenses debido ao bloqueo. Cuba intentou adquirir produtos con 60 firmas de EUA. Mais, indicou, só 2 responderon, entre eles Bayer, co que se asinou un acordo que non se concretou debido á prohibición do Departamento do Tesouro estadounidense alegando unha suposta caducidade do permiso.

Esta acción súmase aos efectos do bloqueo económico sobre o sector sanitario cubano, que só entre abril de 2018 e marzo de 2019 provocou perdas de máis de 104 millóns de dólares, segundo datos oficiais.

Comentarios