Emmanuel Macron dá positivo en Covid-19

Pedro Sánchez, con quen Macron estivo a segunda feira, suspende a súa axenda e fará corentena até o día 24. 
O presidente francés, Emmanuel Macron.
photo_camera O presidente francés, Emmanuel Macron.

O presidente francés, Emmanuel  Macron, deu positivo en Covid-19. O presidente, que cumprirá 43 anos o día 21, foi sometido a un test PCR tras presentar síntomas.

Segundo indicou o  Elíseo,  Macron permanecerá illado durante sete días. Unha corentena que non lle impedirá seguir exercendo as súas funcións e traballando.

O presidente español, Pedro Sánchez, e a presidenta da Comisión Europea, a alemá  Ursula  von  der  Leyen, poden ser considerados casos de contacto porque xantaron no Elíseo, a pasada segunda feira, con  Macron. De feito, Sánchez suspende a súa axenda e fará corentena até o día 24. 

Mais non só eles, onte mesmo Macron estivo co primeiro ministro portugués, António Costa.

Comentarios