Embaixador en EUA di que os soldados israelitas deberían recibir o Nóbel da Paz

Ron Dermer afirmou nun encontro cun lobby cristián estadounidense que “Israel debería concitar a admiración da comunidade internacional pola contención que amosa” fronte Hamas.

israel palestina

Os soldados de Israel deberían recibir o Premio Nóbel da Paz pola “contención” que amosa na invasión de Gaza. Ron Dermer, embaixador israelita en Estados Unidos, realizou esta declaración durante un encontro co lobby de Cristáns Unidos por Israel, segundo sinala a axencia AFP.

Dermer, cunha intervención insistente no ‘dereito de Israel a se defender’, comparou os foguetes de Hamas cos bombardeos nazis sobre Londres na II Guerra Mundial. “A verdade é que as forzas de defensa israelitas deberían recibir o Nóbel da Paz”, engadiu.

E o discurso foi a máis. Ron Dermer mesmo asegurou que “Israel debería concitar a admiración da comunidade internacional pola contención que anmosa en relación coas ameazas que enfronta”. E máis aínda, o embaixador asegurou que Israel “nunca tivo a civís palestinos como obxectivo” e que de morrer algún civil “a operación é un fracaso”. Na intervención en Gaza van máis de 600 palestinos mortes.

Comentarios