A EMA rexistra casos de trombos en Pfizer e Moderna mais desbota investigalos

A Axencia Europea do Medicamento considera que os casos “non xeran preocupación”.

Dose da vacina de Pfizer que viaxa xa para Galiza (Foto: Moncloa)
photo_camera Dose da vacina de Pfizer (Foto: Moncloa)

Axencia Europea do Medicamento ( EMA, polas súas siglas en inglés) recibiu informes sobre 11 casos de tromboses con  trombocitopenia após a vacinación con  Pfizer, e 2 tras o uso de Moderna no Espazo Económico Europeo (EEE), integrado pola UE, Noruega, Islandia e Liechtenstein. Con todo, de momento non vai abrir ningunha investigación específica e seguirá vixiando estes episodios, segundo unha fonte do axente regulador.

No caso de  Pfizer, notificáronse até o pasado 13 de abril un total de 11 casos de tromboses con  trombocitopenia nesa zona de Europa, onde se administraron ao redor de 60 millóns de doses deste soro. No caso de Moderna, inoculáronse máis de cinco millóns de doses e só notificáronse 2 casos de tromboses con  trombocitopenia no  EEE.

Con estes novos episodios rexistrados, xa son máis de 300 os casos recolleitos pola rede europea de procesamento de datos sobre reaccións adversas de medicamentos 

Segundo esta mesma fonte, a  EMA “está  monitoreando de preto os casos notificados despois do uso das vacinas de Covid-19  de  Pfizer-BioNTech) e Moderna”, aínda que "considera neste momento que non hai sinais de alarma" sobre o risco de  coagulación sanguínea con estes fármacos.

"A modo de comparación, con  Vaxzevria (nome comercial da vacina de  Astrazeneca) notificáronse 142 casos de tromboses con  trombocitopenia no  EEE até o 13 de abril e administráronse máis de 17 millóns de doses”, engade a EMA.

Con estes novos episodios rexistrados, xa son máis de 300 os casos recolleitos pola rede europea de procesamento de datos sobre reaccións adversas de medicamentos no  espazo económico europeo, nos que as persoass vacinadas contra o coronavirus desenvolveron  coagulación sanguínea e un nivel baixo de plaquetas.

incluíndo os casos europeos, divide a cifra total entre 25 casos rexistrados con  Pfizer e cinco con Moderna, ademais dos 287 con  AstraZeneca e oito con  Janssen.

Comentarios