O electorado de Irán aposta en se aproximar a Occidente

As eleccións lexislativas deixan unha maioría reformista en Teherán con 29 de 30 escanos para a Coligazón Inclusiva de Reformistas e A Voz do Pobo.

Asemblea de Expertos de Irán
photo_camera Asemblea de Expertos de Irán

Os resultados das eleccións lexislativas en Teherán, onde se sitúan 8 millóns de electores, reflicten unha mudanza política en Irán. Neste senso, 29 dos 30 escanos elixidos nos comicios caeron en mans das candidaturas reformistas que abranguen a Coligazón Inclusiva de Reformistas e A Voz do Pobo lideradas por Mohamed Reza Aref e Alí Motahari. 13 das persoas eleitas son mulleres que pasan a facer parte do Parlamento ou Maylis entre un total de 290 escanos. 

Dos 30 escanos de Irán, 29 foron para os reformistas dos que 13 son mulleres

A decisión adoptada evidencia unha mudanza no país ao avanzaren enormemente as posturas proximas a Occidente e a introducir as reformas reclamadas polos gobernos occidentais para rematar coas sancións impostas nos últimos anos contra o goberno iraní. 

Aliás, nas eleccións tamén foi elixida a Asemblea de Expertos onde as candidaturas reformistas obtiveron un importante avanzo. Este órgao, renovado cada 8 anos, ten importantes funcións, entre elas a elección do líder supremo ou xefe de estado iraní. Neste senso, dous líderes reformistas foron os máis votados en Teherán, o ex-presidente Alí Hachemi Rafsanyani e o actual Hasán Rohani. 

Porén, a estes resultados deberán incorporarse as demais circunscricións o que podería equilibrar o peso entre reformistas e os 'principalistas' do Frente Unificado de Principalistas, embora supor un enorme cambio no que é o centro demográfico, económico e político do país. 

Comentarios