Eleccións presidencias en Irlanda o 26 de outubro: Sinn Féin contra todos

O actual presidente, MIchael D. Higgins, aspira revalidar o cargo esta sexta feira. Ten o apoio das principais formacións irlandesas – de dereita, de centro e de esquerda- agás dos republicanos, que presentan candidata propia.

liadh-ni-riada-sinn fein irlanda
photo_camera Liadh Ni Riada, candidata do Sinn Féin.

Esta sexta feira os irlandeses e irlandesas elixirán entre seis persoas candidatas quen será o presidente da República. O actual presidente, Michael G. Higgins, parece que ten todo o vento a favor para recuncar no posto. As enquisas indican que pode superar 65% dos votos e ten o apoio da práctica totalidade do mapa político irlandés: tanto a dereita conservadora de Fine Gael, como a dereita liberal de Fianna Fail, o Partido Laborista, o social-demócrata e incluso o Partido dos Traballadores (marxista, nado das cinzas do Sinn Féin Oficial). Higgins é independente mais sempre estivo vinculado ao laborismo, do que se deu de baixa en 2011 ao ser eleito presidente.

Tan só unha formación non quixo facer parte do ‘consenso’. É o Sinn Féin, actualmente terceira forza na República – e segunda en Irlanda do Norte-. Os republicanos optan por presentar candidata propia para a presidencia irlandesa. É Liadh Ní Riada, eurodeputada do S.F, gaélicofalante. Filla de Seán Ó Riada, un dos nomes impresindíbeis no folclore irlandés. Nas anteriores presidenciais o candidato republicano, o falecido Martin McGuinness, atinxiu 14% dos votos. Na actualidade, os principais postos de liderato do S.F están ocupados por mulleres, que na República (Mary Lou McDonalds) como nos seis condados baixo dominio británico (Michelle O’Neill).

Os outros catro candidatos preséntanse como independentes. Tres son empresarios e unha cuarta é senadora. Nas eleccións desta sexta feira, os irlandeses e irlandesas tamén poderán votar en referendo a eliminación da constitución da blasfemia como delito.

Comentarios