Eleccións en Escocia, Gales e Irlanda do Norte: O pulo do voto nacionalista

Esta quinta feira hai comicios locais en Reino Unido e, tamén, eleccións para as asembleas escocesa, galesa e norirlandesa. Os inquéritos indican aumento do voto para o independentismo en Escocia e Gales e consolidación do apoio ao nacionalismo irlandés nos 6 condados baixo soberanía británica.

Pintada a prol da liberdade de Escocia
photo_camera Pintada a prol da liberdade de Escocia

Esta quinta feira, 5 de maio, é un día chave na política británica, coas eleccións para elexir os gobernos de localidades como Londres e, sobre todo, cos comicios para que escoceses, galeses e norirlandeses elixan as súas respectivas asembleas nacionais. Nos tres parlamentos, a presenza nacionalista vai ser importante, nomeadamente no de Escocia, onde todos os inquéritos auguran que o SNP revalidará sen problemas a súa amioría absoluta.

Escocia: o interese é ver quen vai ser segundo

A derrota no referendo independentista de 2014 e a posterior demisión do carismático Alex Salmond como primeiro ministro escocés semella que non fan a mínima mella no nacionalismo escocés, ao que todos os inquéritos auguran unha nova maioría absoluta. Nada que deba extrañar, pois nos comicios de 2015 a Westminster o partido independentista obtivo 56 dos 59 escanos en xogo en Escocia para o Parlamento británico. Nicola Sturgeon é a primeira ministra nacionalista.

Hai cinco anos o SNP (Partido Nacional Escocés) lograra 69 deputados. As sondaxes varían entre as que lle dan que se mantén (como a do Daily Record) e as que lle dan que aumenta representación (como a de Panel, que lle outorga 70 asentos). Realmente, o interese nestes comicios está en ver quen vai ser segundo, pois o Partido Laborista ve ameazado o seu segundo posto. Dos 37 escanos que posúe pode ficar con entre 23 e 27, segundo a enquisa. Experimentaría un importante aumento o Partido Conservador, que agota ten 15 deputados e ao que lle auguran que sairá desta cita coas urnas con 24. Tamén se prevé un importante aumento dos verdes escoceses [que defende o dereito de auto-determinación para Escocia], que podería pasar a ter entre 5 e 7 parlamentares fronte aos 2 que ten agora. Quen ficaría fora da asemblea, en abse ás sondaxes, sería a dereita populista e británica do UKIP. Tampouco entraría 'Rise', a coligazón independentista e anti-capitalista, á que se lle ten cualificado como a 'CUP escocesa'

Gales: aumento do independentismo

Segundo as enquisas , o independentista Plaid Cymru pasaría ser segunda forza, con 12 deputados (1 máis que nos comicios de 2011) na Asemblea Nacional (Cynulliad Cenedlaethol Cymru) e por volta do 20% dos sufraxios. Os Laboristas volverían gañar en Gales, ao obter 28 escanos (tivo 30 en 2011). Descenderían significativamente os conservadores, que pasarían dos 14 deputados que posúen actualmente aos 10 que lle conceden os inquéritos; e os liberais-demócratas, que atinxirían 2 deputados por 5 que lograron hai cinco anos.

Porén, entra con forza o UKIP. Na actualidade carece de representación no Parlamento de Gales mais as sondaxes vaticinan que podería obter até 8 deputados, pasando ser a cuarta forza da Cámara.

Irlanda do Norte: singularidade máxima

Irlanda del Norte tien un sistema electoral moi particular, o 'voto único transferíbel'. Os votantes non só votan por un partido, mais fan unha clasificación en función do seu orde de preferencias. Así pois, e cómo ningún partido foi eleixod maioritariamente en priemeira opción en 2011, o probritánico e unionista DUP formou goberno co republicano e proirlandés Sinn Féin, ao ser primeiro e segundo. A asemblea destes seis condados da illa baixo soberanía británica consta de 108 deputados, 6 por cada unha das circunscripcións. Non se agardan grandes cambios.

Algunhas sondaxes dan ao DUP perto do 27% dos votos, mantendo o seu posto como primeira forza de Irlanda do Norte, mais a pouca distancia do Sinn Féin, que tería o 26,2%. Os unionistas do UUP terían un 15,5% e os nacionalistas irlandeses do socialdemócrata SDLP, un 11,6%.


 

Comentarios