Eh Bildu estuda unha alianza con forzas doutras nacións de cara ás europeas

A coalición mantivo nos meses de verán contactos con formacións políticas doutras nacións do Estado

Acto de EH Bildu en el BEC (Marisol RAMIREZ / ARGAZKI PRESS)

Euskal Herria Bildu xa está a traballar de cara ás eleccións europeas que terán lugar o vindeiro 25 de maio de 2014. Ao longo destes meses de verán, sinalan desde Naiz, a coalición abertzale de esquerdas mantivo diversos contactos con formacións e organizacións políticas das diferentes nacións “de cara a sopesar a posibilidade de artellar alianzas con vista a esa cita”

“Os partidos que forman EH Bildu mantiveron diversos contactos para compartir o diagnostico sobre a situación europea con formacións políticas de diversas nacións sen estado para, a partir dese diagnostico, explorar as posibilidades de conformar unha «candidatura compartida».


 

Comentarios