Non é unha proposta fechada

EH Bildu propón Otegi como candidato a lehendakari

Como era de esperar, o nome de Arnaldo Otegi está sobre a mesa para aspirar ao cargo de lehendakari. EH Bildu advirte de que non é unha proposta fechada, pois a formación abrirá un proceso participativo para elixir candidato ou candidata.

otegi

EH Bildu puxo sobre a mesa o nome de Otegi como candidato a lehendakari de cara ás eleccións vascas previstas para outubro, segundo anunciou o parlamentar Oskar Matute en rolda de prensa este sábado. Matute confirmou a “dispoñibilidade” de Otegi para ser candidato a lehendakari, co “inmenso reto” de converter EH Bildu “na forza principal do cambio en Euskal Herria”.

A proposta de Otegi será sometida a partir desta segunda feira ás asembleas locais da formación e é unha das diversas posibilidades, tal e como sinalou Matute. E é que a vontade de EH Bildu é facer “un proceso participativo” e “horizontal” para elixir o candidato ou candidata a liderar Euskadi. Desta maneira, calquera militante ou asemblea poderá propor outro ou outra aspirante.

Comentarios