sábado 11.07.2020

E se o anuncio do novo Papa chega por Twitter?

Moitos dos cardeais que escollerán ao Papa na Capela Sixtina son moi activos nas redes sociais e teñen conta propia en Twitter. A Santa Sé prohibe por vez primeira o seu uso durante o Conclave das redes sociais.
Conta en Twitter do Cardenal Sistach
Conta en Twitter do Cardenal Sistach

A Igrexa católica tenta manter a tradición da fumeira branca como sinal para dar a coñecer que conta cun novo Papa. Os tempos mudan e os seus membros non son alleos ás novas tecnoloxías, mesmo a comunicarse a través das redes sociais.

Sería posíbel saber antes por este medio quen será o sucesor de Bento XVI?. Nove dos cento quince protagonistas que agora están a decidir o futuro ocupante no cargo máis importante desta relixión teñen conta en Twitter e algúns de maneira moi activa até horas antes de entrar no Conclave.

A Santa Sé, sabedora desta situación, prohibiu por vez primeira na historia, calquera comunicación exterior a realizar por computadoras, telefonía móbil, tabletas ou calquera outro medio con conexión a internet. A normativa vaticana é unha mensaxe directa para que ningún dos asistentes teña a tentación de dar a noticia que en horas dará a volta ao mundo.

Nove twitteiros

O xuramento de inicio neste Conclave realizouno ás 17:14 h o arcebispo de Barcelona, Lluís Martínez Sistach (@sistachcardenal), un dos máis activos con conta en Twitter que escribe os 140 caracteres en catalán e castelán. Outro europeo con tivo conta nesta rede social é un dos que sonan como máis probábeis candidatos, o arcebispo e Milán Angelo Scola (@angeloscola). O italiano abriu en 2009 un perfil e realizou 1189 chíos mais agora xa non está operativa. Da mesma nacionalidade é o Cardenal Gianfranco Ravasi (@CardRavasi) que conta con 44.439 [email protected]

Os estadounidenses son os máis activos en Twitter. Teñen conta o arcebispo de Boston, Sean O'Malley (@CardinalSean) e o arcebispo de Nova York, Timothy Dolan (@CardinalDolan). Na América do Sur podemos seguir ao arcebispo de Bogotá, Rubén Salazar Gómez (@cardenalruben) e o de Sao Paulo, Odilo Scherer (@DomOdiloScherer). O único cardenal con conta en Twitter de África é o sudafricano arcebispo de Durban (Sudáfrica) Wilfrid Fox Napier (@CardinalNapier).

comentarios