Durán i Lleida pecha o seu blog canso de tanto independentismo

O líder de Unió sinala que, fale do que fale e opine do que opine no blog, todos os comentarios son sobre a cuestión nacional catalá.

Durán i Lleida
photo_camera Durán i Lleida

Josep Antoni Duran i Lleida, o nacionalista catalá do que tanto gostan en Madrid, pecha o seu blog. E faino cun último post cun título ben explícito: 'Au reveure'. O lider de Unió (o socio minoritario de CiU) dí estar farto de que o independentismo, o dereito a decidir e a cuestión nacional de Catalunya copen todo.

Afirma que, fale do tema que fale, os comentarios que se lle poñen non son para opinar desa cuestión, senón para se pronunciar sobre o proceso soberanista aberto en Catalunya- Durán i Lleida dí que o tema é importante, mais que non todo ten que pivotar sobre el.

O blog, que comezou en 2007, seguirá aberto para os que queiran facer comentarios, mais o dirixente nacionalista xa non publicará máis post. Iso si, sinala que seguirá a escribir as súas cartas semanais á militancia de Unió.

Dereito a decidir, sempre

Durán i Lleda defende o dereito a decidir mais postúlase contra a independencia. Unha tese que perde adeptos en Unió, onde boa parte da militancia ve con bos ollos o proceso soberanista.

Comentarios