Ducias de antidisturbios toman Ondarru para deter a unha moza abertzale, protexida por centos de veciñ@s

No mencer do quinto día do 'muro popular' que centos de ondarrutarras mantiveron en torno á súa veciña Urtza Alkorta, 38 furgonetas de antidisturbios irrumpiron na vila mariñeira para deter a esta moza, acusada de colaborar con ETA en base a unha autoinculpación, sostén Urtza, obtidas mediante tortura. Após 4 horas de operativo, a militante abertzale foi detida pola Ertzantza

ondarroa, ondarru
photo_camera @maitebidarte

Furgonetas, zodiacs polo río, material antidisturbio a mancheas... a vila mariñeira de Ondarru (Bizkaia) estivo nestas horas sitiada por un descomunal despregue da Ertzantza coa finalidade de deter a Urtza Alkorta, unha moza da vila que está desde hai cinco días protexida por centos e centos de veciñ@s deste porto pesqueiro. Urtza está condenada a 5 anos de prisión por colaborar con ETA. Unha sentencia baseada coa autoinculpación da moza como única proba. E ela, e diferentes colectivos de Euskal Herria, sinalan que esa autoinculpación foi froito das torturas ás que foi sometida.

Foron cinco días nos que, mediante quendas, centos de veciños da vila estiveron protexendo as 24 horas do día a esta moza

En días anteriores, a ertzantza 'tanteou' o terreo, achegándose atá a vila para se retirar de seguido ao comprobar como a xente se achegaba até a alameda da vila, onde permanece Urtza desde hai máis de 100 horas, para apoiala e impedir a súa detención. A serea da lonxa e 3 foguetes lanzados por un veciño son o sinal de alerta de que se achega a policía.

A primeiras horas da mañá centos de persoas están a protexer a Urtza perante o imponente despregue da Ertzantza. O punto cero é a vella ponte de ferro de Ondarroa. No medio dela estaba Urtza. E a ponte, ateigada de veciñ@s de todas as idades. A policía autonómica xa avisou das consecuencias penais do que están a facer. 

Tras catro horas de operativo, os antidisturbios detiveron a esta moza.

Información ao segundo en #resisturtza e en http://www.ustream.tv/channel/leaartibaietamutriku

Comentarios