Dous novos estudos avalan a dose de reforzo contra Ómicron

Un realizado polo Instituto Ragon do Hospital Xeral de Massachusetts, en EUA, e outro co apoio da Autoridade de Preparación e Resposta ante Urxencias Sanitarias (HERA) da UE.
EuropaPress_4180881_08_january_2022_thailand_bangkok_health_worker_administers_pfizer_covid_19
photo_camera Vacinación coa dose de reforzo de Pfizer, esta sexta feira en Bagkok, Tailandia (Foto: Matt Hunt / SOPA)

Dous novos estudos científicos dados a coñecer esta sexta feira, un realizado nos EUA e outro na UE, confirmarían a eficacia dunha dose de reforzo para neutralizar a variante do coronavirus Ómicron

O primeiro, elaborado polo Instituto Ragon do Hospital Xeral de Massachusetts, avaliou a efectividade de Pfizer, Moderna e Janssen contra a variante da Covid-19 que máis se está a estender e que a piques está de desprazar a Delta no mundo. 

"Detectamos moi pouca neutralización [...] cando usamos mostras tomadas de persoas que foran vacinadas recentemente con dúas doses da vacina de ARNm ou unha dose de Johnson & Johnson. Mais as persoas que recibiron tres doses da vacina de ARNm tiveron unha neutralización moi significativa contra a variante Ómicron", asegurou o autor principal do estudo, Alejandro Balazs.

Máis resistente

O segundo, elaborado por científicos franceses e belgas, entre outros do Instituto Pasteur galo, en colaboración coa Autoridade de Preparación e Resposta ante Urxencias Sanitarias (HERA) da UE, fíxose co obxectivo de estudar a sensibilidade de Ómicron aos anticorpos en comparación coa variante Delta. 

Os datos mostran que a nova variante é resistente á maioría dos anticorpos terapéuticos, así como aos adquiridos tras pasar a propia enfermidade e pola vacina.

Con todo, observouse que é neutralizada por unha dose de reforzo, a mesma conclusión que o estudo estadounidense.

"Agora temos que estudar a duración da protección da dose de reforzo. É probable que as vacunas vólvanse menos eficaces para ofrecer protección contra a contracción do virus, pero deberían seguir protexendo contra as formas graves", explicou Olivier Schwartz, coautor do estudo.

Comentarios