Tres mortos e ducias de feridos en Boston ao estoupar bombas na chegada da maratón

Por volta de 30.000 atletas participaban na carreira. As bombas estouparon na liña de meta. O goberno de EUA, en máxima alerta.Alén das dúas bombas que estouparon, atopáronse na zona cinco máis, que non chegaron a se activar

Boston
photo_camera Boston

O maratón de Boston é unha das cinco célebres carreiras deste tipo que se realiza en EUA e a máis antiga. Este ano era a súa 117 edición. Mais o estoupido de dúas bombas (unha terceira foi desactivada pola Policía) tinxiu de sangue esta proba. Hai tres mortos e ducias de feridos, unha cifra que aínda pode engrosar.

O estoupido das bombas produciuse perto da liña de meta, cando xa entraran os corredores profesionais mais aínda seguía chegando xente. O pánico foi instantáneo, segundo recoñecen testemuñas presenciais. Hai que ter en conta que nesta proba tomaban parte por volta de 30.000 persoas.

As autoridades procederon a adoptar diversas medidas de emerxencia, desde a evacuación de hoteis da contorna até pechar o espazo aéreo desa zona de Boston.

O propio presidente de EUA, Barack Obama, recoñeceu estar “moi preocupado” polo acontecido. Nunha mensaxe á nación, Obama sinalou que atoparán e punirán aos responsábeis dos feitos atopen onde se atopen.

Comentarios