Donald Trump, hospitalizado após dar positivo por coronavirus

O presidente dos Estados Unidos ingresou no hospital militar de Walter Reed por consello dos seus médicos despois de sufrir unha "febre lixeira".

O ex presidente dos EUA, Donald Trump. (Foto: Sean Meyers / Europa Press)
photo_camera Donald Trump (Sean Meyers / Europa Press).

Donald Trump recupérase da Covid-19 no Walter Reed Military Medical Center de Maryland. Poucas horas despois de anunciar que el e Melania Trump, a súa esposa, deran positivo por coronavirus, o presidente dos Estados Unidos foi hospitalizado por recomendación do seu equipo equipo médico.

Trump afirmou nun vídeo difundido a través das súas redes sociais pouco antes de abandonar a Casa Branca que "está a levar moi ben" o proceso de recuperación do coronavirus. Agradeceu o "apoio" recibido e aseverou que vai ao hospital para asegurarse de que "as cousas funcionen".

O mandatario está hospitalizado por precaución e seguindo as recomendacións dos seus médicos. Segundo recoñeceron, presenta síntomas leves como febre ou fatiga, aínda que está animado e confía en seguir traballando desde o centro onde permanecerá ingresado os próximos días.

Tratamento experimental

Donald e Melania Tump anunciaron a pasada sexta feira que deron positivo por coronavirus despois de que unha das súas asistentes máis próximas, Hope Hicks, tamén contraese Covid-19. Neste sentido, o presidente dos EUA informou de que se lle administrou unha dose de Regeneron, un cóctel experimental de anticorpos que mostrou resultados positivos na loita contra a enfermidade provocada polo virus. O ensaio clínico atópase en fase avanzada e desenvólvese desde o mes de xullo nos EUA, en Brasil, México e Chile.

Desde a Casa Branca aseguraron que presidente segue no cargo.

Tanto Trump como a primeira da dama, evolucionan ben e atenden as recomendacións do equipo médico encargado de indicarlles os pasos a seguir. No caso de Melania Trump, o grupo de expertos que avalían o seu estado asegurou que, polo momento, presenta unicamente tose leve e dor de cabeza.

Desde a Casa Branca aseguraron, ademais, que a saúde do vicepresidente, Mike Pence, é boa e quixeron disipar calquera dúbida sobre unha posíbel transmisión de poder: "O presidente segue no cargo". Ao igual que Pence, o aspirante demócrata a presidir os EUA, Joe Biden, deu negativo por coronavirus malia estar en contacto co presidente durante o primeiro dos debates electorais.

 

 

Comentarios