Primarias

Unha dobre vitoria electoral para Trump

A desfeita nos caucus demócratas en Iowa, con problemas técnicos no reconto que reflectiron "incongruencias", e a sentenza absolutoria do Senado prevista para hoxe no seu xuízo político, dan cheda ao presidente dos Estados Unidos.
February 3, 2020 - Des Moines, Iowa: Ira Lacher (maroon jacket), the caucus secretary for precinct 62, looks over the tally sheet with other volunteers from the first round of caucusing in the Knapp Center at Drake University in Des Moines. The Democratic candidates now move on to the February 11 New Hampshire primary. (Jeff Topping/Contacto)
ONLY FOR USE IN SPAIN

February 3, 2020 - Des Moines, Iowa: Ira Lacher (maroon jacket), the caucus secretary for precinct 62, looks over the tally sheet with other volunteers from the first round of caucusing in the Knapp Center at Drake University in Des Moines. The Democratic candidates now move on to the February 11 New Hampshire primary. (Jeff Topping/Contacto)

2/4/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Reconto de votos nun dos 'caucus' de Iowa, na Universidade Drake de Des Moines (Europa Press)

Usando un símil futbolístico, Trump vai camiño de gañar as eleccións presidenciais de novembro sen baixarse do autobús. Ou por incomparecencia do rival, seguindo coa alegoría deportiva. O caos dos caucus de Iowa, sumado á máis que previsíbel sentenza absolutoria do Senado, hoxe, na votación final polo impeachment, deixan ao presidente estadounidense o camiño expedito para anovar o mandato por catro anos máis. 

"Gran vitoria para nós en Iowa esta noite. Grazas!", escribiu Trump na súa conta do Twitter na noite da segunda feira. En teoría facía referencia á súa esmagadora vitoria nos caucus republicanos, onde logrou 31.874 votos (97,14%). Mais os seus seguidores intuíron xa aí unha chiscadela á desfeita dos demócratas.

Trump marchou durmir, e cedo pola mañá comezou a chiar sen sutilezas: "O caucus demócrata é un desastre sen paliativos. Nada funciona, exactamente igual que como xestionan o país (...) A única persoa que pode reivindicar unha gran vitoria en Iowa a pasada noite é 'Trump'".

Non lle falta razón. O Partido Demócrata concedeulle ao líder republicano un primeiro triunfo electoral coa súa calamitosa xestión do reconto, adiado por problemas técnicos coa aplicación informática ─utilizada por primeira vez─ que provocou que os datos reflectisen "incongruencias".

Tal e como escribiu onte a prestixiosa politóloga Pippa Norris, fundadora do Proxecto pola Integridade Electoral e autora do libro Cultural Backlash: Trump, Brexit and Authoritarian Populism, "o anuncio en tempo dos resultados é un principio básico da xestión electoral". Neste sentido, cuestionouse que se diría no caso de que "este atraso se dese en Kenya ou Bielorrusia".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios