Disputa sobre a nacionalidade do primeiro ministro congolés

O novo primeiro ministro congolés acusado de posuír dúas nacionalidades, congolesa e belga, o que contraría a Constitución da RDC.

Samy Ntita Badibanga, primeiro ministro da RDC
photo_camera Samy Ntita Badibanga, primeiro ministro da RDC

A Constitución da República Democrática do Congo prevé que “a nacionalidade congolesa é exclusiva e non pode ser detentada en concorrencia con outra nacionalidade” . O novo primeiro ministro,  Samy Ntita Badibanga, nomeado o último xoves, 17, polo presidente Joseph Kabila, está a ser acusado de posuír dúas nacionalidades, congolesa e belga, o que contraría a Constitución da RDC.

A denuncia foi feita por Olivier Kamitatu Etsu, líder da Alianza para a Renovación do Congo (ARC), segundo o cal o militante da Unión para a Democracia e Progreso Social (UDPS), Samy Badibanga, tornouse belga por naturalización.

No caso de ser verdade, a investidura de Badibanga pola Asemblea Nacional poderá estar comprometida, unha vez que a Constitución prevé expresamente que os titulares de cargos políticos posúan exclusivamente a nacionalidade congolesa.

A nacionalidade congolesa é exclusiva e non pode ser detentada en concorrencia con outra nacionalidade”

Sendo así, as negociacións para a formación dun goberno de unidade nacional de transición, asinado entre o goberno e unha franxa minoritaria da oposición congolesa, poderá entrar nun impase, tendo en conta que o pacto acordado para a substitución do presidente Kabila, no cargo desde 2001, en contra do previsto na Constitución, non prevé eleccións presidencias antes de 2018.

A primeira lei reguladora da nacionalidade congolesa data de 1892. Daquela outorgaba a nacionalidade congolesa a “todo fillo nado de pais congoleses”. Cando o EIC se converteu  en Congo belga, en 1908, todos os congoleses se converteron en súbditos belgas, aínda que sen dereitos cívicos e políticos.

Dada a debilidade do Estado e a presenza de importantísimos recursos naturais no leste do país, a tentación de manipular as cuestións étnicas e sobre a nacionalidade para fins políticos e económicos é evidente e nela caeron as forzas ou intereses diversos. 
 

Comentarios