Dispáranse os feminicidios en México, á alza desde o ano 2015

Ciudad Juárez, no Estado de Chihuahua, é a urbe onde máis feminicidios se produciron durante o ano 2020.
EuropaPress_1458541_joven_22_anos_sido_hallada_muerta_jueves_region_mixteca_oaxaca_mexico
photo_camera Cruces en lembranza polas mulleres asasinadas, en Oaxaca (Wikimedia Commons)

Os feminicidios en México disparáronse no que vai deste ano 2020 ao rexistrarse 724 supostas vítimas, segundo informou a Secretaría de Seguridade no seu último informe, que se fixo público nesta segunda feira, 26 de outubro.

O documento indica que entre xaneiro e setembro se denunciaron en todo o país 704 casos de feminicidio, o cal significa que a cifra anterior pode ser máis alta pois soamente fai referencia ás denuncias específicas, dado que moitas familias das vítimas non o fan por temor a sufriren represalias.

A secretaría indica no seu novo informe sobre violencia contra as mulleres, publicado polo Secretariado Executivo do Sistema Nacional de Seguridade Pública (Sesnsp), que tan só durante o mes de setembro se denunciaron en todo o país 77 feminicidios, un caso máis que en agosto.  Confirma ademais a tendencia crecente deste delito a nivel nacional. As cifras sinalan que a incidencia creceu de maneira ininterrompida desde 2015, cando houbo 411 feminicidios, até o ano pasado, cando houbo 938 casos.

Ciudad Juárez, no alto

A entidade onde máis feminicidios se denunciaron é o Estado de México, con 106 casos; seguido polo de Veracruz (67), Ciudad de México (55), Nuevo León (50) e Puebla (40).

Estas cifras desagregadas por municipios revelan que Ciudad Juárez, no Estado de Chihuahua, é a urbe onde máis feminicidios se produciron durante o ano 2020, cun total de 18. Séguena Tijuana, en Baja California (17), Monterrey, en Nuevo León (13), Culiacán, en Sinaloa (12) e Iztapalapa, en Ciudad de México (11).

Ademais, houbo en México 199.974 chamadas de urxencia relacionadas con incidentes de violencia contra as mulleres, e máis de medio millón por violencia familiar.

Comentarios