Disólvese o movemento da esquerda independentista sarda

O MpI decidiu poñer fin a 11 anos de existencia a iniciar unha nova xeira dirixida á construción dun novo partido independentista.

manca sardeña

A Manca pro s’Indipendentzia acordou no seu V Congreso disolverse, poñendo o ramo a unha época que comezou en 2004 co nacemento desta organización da esquerda independentista sarda. A Dirección política nacional da MpI advirte, segundo recolle Nacións, que ninguén pode xa falar en nome da organización disolta nin empregar o seu nome ou símbolos.

A partires de agora comezarase a traballar na construción dun partido independentista. O cabeza da candidatura da Manca nas últimas eleccións sardas, P. Devias, xa anunciou nunha entrevista que o nome desa nova formación sería Partido dos Traballadores Sardos.

A MpI creouse en 2004 coa independencia de Sardeña e o socialismo como alicerces ideolóxicos e ao longo destes anos foi albo de varias operacións policiais. Consideraba esta illa mediterránea baixo soberanía italiana unha “colonia” de Roma e foi moi crítica co ‘pacifismo’ doutras organizacións independentistas.

Comentarios