O director de ‘Charlie Hebdo’ renuncia a debuxar máis Mahoma

Luz, o novo responsábel da revista satírica, afirma que facelo “xa non me interesa” e nega que a decisión sexa unha vitoria dos terroristas.

Capa Charlie Hebdo

Luz, debuxante e novo responsábel do semanario ‘Charlie Hebdo’, albo dun mortal atentado terrorista en xaneiro, afirmou que non volverá debuxar a Mahoma. “Non volverei debuxar máis o personaxe de Mahima, xa non me interesa”, declarou nunha entrevista que publica ‘Les Inrockutibles’. Luz foi quen fio a portada coa que Charlie Hebdo regresou aos quioscos após o atentado, cunha portada na que o profeta choraba baixo un titular que dicía: “Todo está perdoado”

Luz afirma que está canso de xogar “ao gato e o rato” co personaxe de Mahoma, e que xa non lle interesa, igual que un día decidiu deixar de debuxar o ex-presidente Sarkozy. “Os terroristas non gañaron”, afirma, “gañarían se toda Francia continuase a ter medo”.

No atentado contra Charlie Hebdo morreron 12 persoas, entre elas o director da revista satírica e mellor amigo de Luz, Charb; e o histórico debuxante Cabu, que fora o seu mentor.


 

Comentarios